¿A quen van dirixidos os cursos?
As accións formativas diríxense prioritariamente ás persoas socias e/ou traballadoras de cooperativas pero tamén a calquera persoa interesada nesta formación.
¿Os cursos teñen algún custe?
Non, son totalmente gratuítos.
Se dispoño de pouco tempo, ¿poderei seguir os cursos?
A modalidade de teleformación está pensada para facilitar ao alumnado o seguimento dos cursos xa que non teñen horarios ríxidos, nin esixe apenas desprazamentos. Cóntase cunha titorización personalizada que acompaña o proceso formativo. Os períodos establecidos son amplos e suficientes para poder abordar a materia, aínda en períodos de moita carga de traballo e pouca dispoñibilidade para a formación.
¿Cómo podo realizar os cursos?
Para participar nos cursos, primeiro debe consultarse a súa dispoñibilidade accedendo ao apartado de inscrións e seguir as instrucións que nel se detallan.
¿Qué cursos podo realizar?
| Formación cooperativa básica |
|---|
Modalidade: teleformación.- Coñecerás as particularidades e peculiaridades dunha cooperativa e os aspectos para o seu bo funcionamento.
- Reflexionarás sobre os valores éticos, a historia e o marco legal da empresa cooperativa.
- Realizarás prácticas adaptadas á túa cooperativa ou organización.
|
| Formación cooperativa en xestión e dirección |
|---|
Modalidade mixta: teleformación e sesións presenciais. - Fortalecerás as habilidades de planeamento e xestión das persoas que desenvolven a función xerencial e directiva das cooperativas.
- Reflexionarás sobre os conceptos para reforzar as competencias/ habilidades necesarias para unha boa xestión e dirección das empresas en xeral e das empresas cooperativas en particular.
- Realizarás prácticas adaptadas á túa cooperativa ou organización.
|
| Habilidades sociais básicas en cooperativas |
|---|
Modalidade mixta: teleformación e sesións presenciais. - Coñecerás o fundamento, uso e vantaxes das habilidades sociais nas distintas relacións interpersoais na vida cooperativa.
- Reflexionarás sobre o conxunto de habilidades cognitivas, emocionais, verbais e non verbais que axudan a mellorar as condutas sociais.
- Realizarás prácticas adaptadas á túa cooperativa ou organización.
|
| Habilidades sociais en cooperativas: nivel avanzado |
|---|
- Modalidade mixta: teleformación e sesións presenciais.
- Coñecerás e practicarás estratexias e técnicas de negociación e resolución de conflitos.
- Distinguirás os procesos de toma de decisións a aplicar nas diferentes situacións que xurdan na cooperativa.
- Realizarás prácticas adaptadas á túa cooperativa ou organización.
|
| Marketing/comercialización de produtos/servizos |
|---|
Modalidade: teleformación.- Aprenderás a orientar a túa empresa ao mercado.
- Farás análises sobre o contorno e previsión de distintos escenarios.
- Adquirirás dominio das ferramentas de análise de mercados.
- Coñecerás os distintos modelos de determinación de prezos, elaboración de campañas de publicidade,…
|
| Responsabilidade social das cooperativas |
|---|
Modalidade: teleformación.- Coñecerás como aproveitar as accións de carácter social e ambiental para proxectar unha boa imaxe da túa cooperativa ou organización.
- Distinguirás os diferentes modelos de responsabilidade social, para escoller o que máis se adapte á túa realidade.
- Realizarás prácticas adaptadas á túa cooperativa ou organización.
|
| Planeamento estratéxico |
|---|
Modalidade: teleformación. - Adquirirás un coñecemento integral da túa empresa e o seu contorno.
- Incrementarás a túa capacitación no rol de empresaria/o.
- Coñecerás as distintas ferramentas de xestión empresarial.
- Reflexionarás sobre a importancia da planificación e adquirirás coñecementos e práctica para o deseño periódico da planificación estratéxica nas empresas.
|
| Muller, cooperativismo e igualdade de xénero |
|---|
Modalidade: teleformación.- Coñecerás os presupostos teóricos da igualdade e a súa aplicabilidade no ámbito das cooperativas ou organizacións.
- Coñecerás ferramentas concretas que sirvan para profundizar na igualdade no ámbito das cooperativas: plans de igualdade, medidas de conciliación, medidas de acceso da muller a cargos directivos, utilización dunha linguaxe non sexista, etc.
- Identificarás actitudes e habilidades non discriminatorias, para a incorporación da perspectiva de xénero nos diferentes ámbitos de actuación propios do quefacer das cooperativas.
|
¿Onde podo obter máis información?
Consello galego de Cooperativas
Edificio Administrativo San Lázaro, Consellería de Traballo e Benestar - 2º Andar
15781 Santiago de Comspostela
Tlfno: 881 999 268
www.cooperativasdegalicia.com