Logo

nube

A Consellería de Traballo e Benestar, a través do Consello Galego de Cooperativas, ofrece cursos de formación orientados ás necesidades formativas detectadas nos cooperativistas e persoas traballadoras de empresas do ámbito cooperativo da nosa comunidade autónoma.

 

O obxecto destes cursos é facilitar a adquisición da necesaria formación sobre a fórmula empresarial cooperativa, as habilidades sociais e o xeito de xestionar e dirixir estas entidades, ao tempo que se promove a utilización das ferramentas que nos brindan as tecnoloxías da información e a comunicación.